Sede electrónica Concello de Coirós

12:10:29 Venres 24 de abril 2026
Estás en:

Detalle trámite

Convocatoria pública, en quenda libre mediante persoal laboral fixo, dunha praza de Técnico/a Electricista e de Mantemento

Non hai convocatorias abertas actualmente

O obxecto das presentes bases a contratación de 1 praza de Técnico electricista e de mantemento de instalacións, ofertada na Oferta Pública de Emprego do ano 2026 do Concello de Coirós, pertencente á plantilla de persoal laboral fixo, mediante o sistema de Concurso-Oposición.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de edictos do Concello.

Condicións de Admisión de Aspirantes
Para formar parte nas probas de selección, será necesario reunir os requisitos :

  • Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por lei poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.
  • Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin acharse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non acharse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria  ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao empregado público.
  • Posuír a titulación esixida.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite".

O Prazo de presentación e dende o 12 ata o 31 de marzo de 2026.

  • Solicitude.
  • Documentación solicitada nas bases da convocatoria.

Nome: Convocatoria pública, en quenda libre mediante persoal laboral fixo, dunha praza de Técnico/a Electricista e de Mantemento.

Unidade tramitadora: Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución: 
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: 
Silencio positivo.

Prazo de resolución: 6 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: 
Consultar as bases da convocatoria.

Canles de atención: 
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.