Sede electrónica Concello de Coirós

16:13:51 Luns 3 de agosto 2026
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de reserva de instalacións municipais

COMO SOLICITAR UHNA INSTALACIÓN MUNICIPAL

  •  REQUISITOS:
    • Ser maior de idade, estar empadroado/a en Coirós e non ter débedas co Concello de Coirós.
    • Para as persoas menores de idade a solicitude debe presentala o pai, nai ou titor/a empradroado/a en Coirós, asumindo o compromiso e as obrigas deste documento. As asociacións/entidades deben constar
      de alta no noso rexistro municipal de entidades.
  • SOLICITUDE: O modelo atópase na web do Concello de Coirós, na sede electrónica e nas dependencias municipais. Deberá entregarse no rexistro xeral de entrada en horario de 9 a 14 horas ou a través da sede electrónica do Concello de Coirós.
  • PROCESO DE ADXUDICACIÓN: Será por rigurosa orde de entrada no rexistro, sempre que non este previsto o seu uso por parte do Concello.
  • RECOLLIDA E DEVOLUCIÓN DE CHAVES: Nas oficinas municipais o día da celebración do evento, ou o venres no caso de ser fin de semá. A entrega producirase ó día seguinte, ou o luns no caso de ser fin de semá. Só poderá recoller a chave a persoa que consta na solicitude, con DNI e copia da folla de solicitude.
  • TAXA: no caso de que lle sexa aplicable o abono de taxa, deberá presentarse autoliquidación e xustificante de pago xunto coa solicitude.

CONDICIÓNS PARA O USO DAS INSTALACIÓNS

  • SUPERVISIÓN DO LOCAL: Se as persoas usuarias atopasen desperfectos, suciedade ou calquera outra circunstancia, contactarán con henrique.fidalgo@coiros.es (instalacións deportivas) paula.boado@coiros.es (resto de instalacións) achegando fotografías antes da hora de celebración do evento.
  • RESPONSABILIDADES: O Concello de Coirós non se responsabiliza das actividades que se realicen dentro dos locais concedidos ou da omisión de actos aos que estivesen obrigados cando os compromisos asumidos pola persoa solicitante sexan incumpridos, correspondendo exclusivamente a este/a ou ao grupo que representa as consecuencias dos seus actos.
  • INCUMPRIMENTO DE OBRIGAS: O Concello queda facultado para adoptar as medidas legais e administrativas que correspondan (xestión dos trámites legais que correspondan, aboamento ao Concello do custo das reparacións, de ser o caso, e a perda do dereito a facer uso dos locais de préstamo), no caso de que se incumpran os citados compromisos e obrigas das persoas usuarias.
  • O Concello resérvase o dereito de cancelación do evento no caso no caso de aviso por alertas metereolóxicas, sanitarias ou calquera outra circunstancia xustificada que supoñan un risco para a cidadanía.

COMPROMISOS E OBRIGAS NO USO DAS INSTALACIÓNS

  • Non facer uso dos exteriores do recinto de xeito que se poida perturbar a terceiras persoas alleas á reunión.
  • Estar presente durante o evento a persoa solicitante.
  • Utilizar a instalación para o fin solicitado e non superar o tempo estipulado.
  • Entregar as chaves no día seguinte ou luns de ser fin de semá.
  • Actuar de xeito cívico, quedando prohibido o consumo de alcohol para menores de idade.
  • Queda prohibida a realización de actividades con ánimo de lucro (os eventos de asociacións e comisións de festas enténdense sen ánimo de lucro).
  • A instalación, mobiliario e material incluídos na instalación deberán quedar perfectamente limpos e en bo estado.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s.

Nome: Solicitude de reserva de instalacións municipais.

Unidade tramitadora: Deportes.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.